Ciencia e tecnoloxía
Ondas e Partículas: a aposta do Revenidas pola "emoción de facer e entender a ciencia"
O festival de Vilaxoán, que terá lugar entre o 10 e o 13 de setembro, incorpora este ano un espazo de divulgación científica promovido polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) no marco do CERN Festival Programme, con eventos en todo o planeta e que só terá esta parada na Península Ibérica. Charlas de persoal investigacos, experimentos e obradoiros compoñen a programación da cita.
Entre o ceo e a terra
Antonio Gregorio
Ordenadores con software libre para alumnado sen acceso á tecnoloxía en Melide
O Concello de Melide e a asociación MeLiSA asinan un convenio para achegar os dispositivos. Os Servizos Sociais identificarán as familias destinatarias atendendo á súa situación socioeconómica e ás necesidades existentes e MeLiSA proporcionará os ordenadores con software libre instalado e ofrecerá formación, acompañamento, mantemento e soporte técnico
Auditar o que non se financia
Iván Area
Galicia xa non é o que era: 200 días cálidos e só 29 fríos no que vai de ano
Case o 90% das xornadas foron cálidas e practicamente o 30% dunha calor extrema, segundo a análise interactiva do investigador climático do CSIC Dominic Royé, que sinala tamén a anomalía nas temperaturas respecto das habituais, por riba do habitual diariamente nos últimos tres meses.
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía Vigo
A que soan as eclipses? Mateo Mena achéganos aos sons da 'radio natural'
Mateo Mena reivindica a escoita como forma válida para o coñecemento científico. Leva varios anos centrado nos universos sonoros do que sucede a milleiros de quilómetros de nós, nesa 'radio natural' que emite desde hai séculos nun espectro inaudible para o ser humano pero que se pode transformar en ondas acústicas para que poidamos apreciar o que sucede no Universo lonxe do noso control
A máquina non trouxo o problema, senón a luz que o revela
Iván Area
A eclipse das nosas vidas: guía e consellos para gozar dun fenómeno irrepetible
Chegou o día. Este serán Galicia converterase nun escenario privilexiado para asistir a unha eclipse solar total, un espectáculo que non se producía no noso territorio dende o ano 1912 e que non se repetirá ata o 2180. As recomendacións: coidar os ollos, evitar desprazamentos innecesarios (sobre todo en coche) e planificar as viaxes (e estar preparados para posibles atascos) se non estamos na zona de totalidade.
Aumenta o risco de ceos nubrados: a previsión a un día da eclipse
MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar nebulosidade no norte, sobre todo no litoral.
O cambio climático debuxa un novo mapa das enfermidades transmitidas por mosquitos e bacterias
Cada vez é máis frecuente en España e outros países de Europa a aparición de enfermidades como o dengue, o virus do Nilo ou o chikungunya, así como infeccións como a vibriose
Ceos despexados na maior parte de Galicia: a previsión a dous días da eclipse
MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar algunhas nubes na Mariña e a Costa da Morte