O cambio climático trae a Galicia as 'noites tropicais' asociadas a mal durmir e problemas de saúde
Este venres e sábado -especialmente na noite do venres ao sábado- varias zonas de Galicia rexistrarán o que se coñece como noites tropicais, é dicir, os termómetros superarán os 20 graos en todo momento. As noites tropicais adoitaban ser algo moi excepcional en Galicia, limitado a algún día puntual no medio do verán, principalmente nas zonas litorais do centro e do sur. Porén, nos últimos anos cada vez máis días se rexistran valores mínimos que superan os vinte graos.