A USC, en risco de perder o seu mestrado en Matemáticas, un "piar esencial do ecosistema científico galego"
A Xunta defende a decisión ante o reducido número de matrículas. Nunha asemblea, un cento de persoas defenden a importancia destes estudos, que "serven como trampolín para a investigación científica de alto nivel". "Cando se comete un erro de país, a responsabilidade é rectificar a tempo. Galicia necesita matemáticas, investigación e futuro. A Consellería aínda pode mudalo", sinala o colectivo mobilizado.