As estudantes de Rois finalistas do concurso da Nasa saberán este xoves se o seu proxecto viaxa ao espacio
Laura Calvo e María Vilas están en Washington, onde este mércores puideron experimentar un voo con gravidade cero, ademais de visitar o Museo Aeroespacial da capital norteamericana. Se o seu experimento é elixido como gañador entre tres finalistas será levado á práctica nos vindeiros meses na Estación Espacial Internacional.