Ciencia e tecnoloxía
Unha Galicia de 142 concellos de máis de 7.500 habitantes
Leandro Regueiro elabora unha proposta de redistribución territorial do país en función dunha serie de criterios, tanto de agrupación poboacional, coma de comunicación das capitais municipais, de superficie mínima e máxima ou de que os concellos urbanos non conteñan espazos rurais excesivamente grandes.
A páxina que agrupa a información cartográfica de Galicia rexistra 75 mil visitas en dous días
Na web pódense consultar e descargar a Base topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo do ano 2005, a ortofotografía do PNOA do ano 2009-2010 e a ortofotografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inédita que superpón 4000 imaxes da época coa toponimia actual.
A Xunta declara deserto o concurso para as licenzas de radio en FM
Logo dunha modificación normativa que podería entrar en conflito coas bases do propio concurso
"Sóbrannos motivos para ir á folga no ensino"
CCOO mantén a súa convocatoria de paro para o día 22 en Galicia malia a negativa a secundalo de UGT, CIG ou STEG. "A gravidade dos recortes fano necesario", explica o sindicato, que prevé que se destruirán 100.000 postos docentes en todo o Estado, 2.000 deles no país.
A lingua galega fai dous anos exiliada das ciencias na escola
A aplicación do denominado decreto do plurilingüismo desplomou a presenza da lingua propia nas aulas, pasando de máis do 50% a apenas o 20% no conxunto do ensino e mesmo a desaparecer en Educación Infantil.
A folga que non será no ensino galego
Tan só CCOO secunda o paro convocado na educación o vindeiro día 22 polos sindicatos estatais e do que se desmarcan tamén UGT-Galicia e, á espera de decisión definitiva, ANPE e CSIF. As organizacións galegas tampouco apoian este tipo de mobilización.
The Time We Are a-Changin'
Tati Mancebo
Milleiros de estudantes saen á rúa en Galicia contra os recortes
Os manifestantes piden a dimisión do conselleiro de Educación e protestan contra as medidas de axuste aplicadas polo Goberno central no ensino público nunha xornada de folga na ensinanza media e universitaria
Avenida Castelao S/N
Unha "alumna indignada" remítenos unha carta na que denuncia a degradación da calidade do ensino na universidade pública por mor dos recortes e critica, en concreto que "varios profesor@s do departamento de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC van perder os seus postos de traballo", polo que outros docentes van ter que ocupar esas horas.
"PP e PSOE teñen o mesmo modelo para a universidade, sen case diferenzas"
Adrián Dios, membro da Liga Estudantil, destaca a unidade de toda a comunidade universitaria contra o Real Decreto do Goberno e ante a xornada de folga
Maxia ou ciencia?
A Illa de San Simón acolle até o 10 de maio a segunda edición de Neuromagic, un cumio mundial de neurocientíficos e magos para analizar os mecanismos de atención da mente a través dos trucos dos ilusionistas. O Auditorio A Xunqueira de Redondela acolle este mércores unha conferencia-espectáculo de entrada libre.