"Unha suba das taxas suporía unha barreira para o acceso dalgunhas persoas á universidade"
Xosé Luís Armesto, reitor da UDC, tomou posesión do seu cargo o 13 de xaneiro criticando no seu discurso o sistema de financiamento universitario do Goberno de Núñez Feijoo. Aposta por aumentar a cooperación entre as tres universidades galegas, o mantemento da conxelación dos prezos das matrículas e pola internacionalización en todas as áreas. Entrevista en vídeo no interior.