"O lume foi rápido e de intensidade media-baixa. As Fragas poden recuperarse"
Serafín González, investigador do CSIC experto en recuperación de solos e presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, despois de analizar os danos causados, cre que o corazón da Fraga se pode rexenerar. Recomenda facer traballos urxentes de protección do solo, non talar as árbores e restrinxir o acceso dos visitantes ás zonas queimadas.