Google organiza anualmente un evento, chamado Google Summer of Code, no que a compañía de internet ofrece a e estudantes unha remuneración para poderen participar programando durante o verán en distintos proxectos de código aberto. Previamente, Google selecciona os proxectos de entre todos os candidatos que tivesen formalizado a súa proposta á compañía.
A empresa galega Cidadanía, membro de AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre), presentou un proxecto denominado e-cidadanía, que consiste nunha aplicación creada para mellorar a participación cidadá, especialmente dende o punto de vista do uso das asociacións, as empresas e as administracións. Por primeira vez dende o ano 2005 no que se comezou a celebrar este evento, Google selecciona un proxecto creado en software libre galego para formar parte do traballo de programación que desenvolverán os estudantes becados pola compañía.
AGASOL salienta que “este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego”
AGASOL salienta que “este é un exemplo da calidade e proxección que está tendo o software libre galego”, e felicitouse aos autores do proxecto e á empresa cooperativa Cidadanía polo bo traballo desenvolto e a senda de futuro aberta con este recoñecemento.