EGANET crea un consorcio de empresas para o comercio electrónico
Está constituído por unha ducia de compañías, co obxectivo de sumar forzas e coñecementos para aumentar as posibilidades do sector TIC galego neste campo en crecemento.
Está constituído por unha ducia de compañías, co obxectivo de sumar forzas e coñecementos para aumentar as posibilidades do sector TIC galego neste campo en crecemento.
O 16% dos condutores recoñece enviar sms ou e-mails mentres conduce, e só no ano 2011 se impuxeron 137 mil sancións por falar polo teléfono.
Coordinate funciona activando o GPS nos móbiles dos traballadores e está pensado, principalmente, para rastrear a actividade de comerciais e autónomos
Dende os microorganismos que fan que o céspede estea en mellores ou peores condicións (aqueles días nos que o Barça ou España parecen non saber xogar) a aqueles outros que enferman á metade dunha plantilla, as bacterias poden decidir un campionato. Patricia Veiga escríbeo no blog de microbioloxía de Praza Pública
O disparate máis grande nunca visto en campañas de fomento da ciencia entre as mulleres vén nada menos que da Comisión Europea, que nos presenta Science: It’s a girl thing cun patético e ridículo vídeo no que os estereotipos sexistas se mostran de principio a fin, e que xa provocou duras críticas en twitter e na blogosfera, baixo o hashtag #CientificasConTacones.
O proxecto Idiomas en Perigo lanzado pola compañía busca apoiar a supervivencia de tres mil idiomas en risco de extinción no mundo, tres deles no Estado: aragonés, o asturiano e a lenguaxe de signos catalá, e outras dúas en Portugal, o mirandés e a lingua de signos portuguesa.
Máis do catro por cento dos galegos non ten posibilidade de acceder a Internet con conexións terrestres superiores a 1 Mbps, velocidade garantida como servizo universal. A media española é de pouco máis do 1%, pero en Lugo supera o 9% e en Ourense o 4,67% dos habitantes tamén teñen conexións limitadas.
A Comisión de Comercio Internacional da cámara votou en contra do tratado, que o mes que vén será debatido e votado no pleno. É a quinta comisión do europarlamento que se opón á norma, que procura a loita contra as falsificacións, pero que podería supor un retroceso na privacidade das conexións a Internet.
Javier Pintor Elizalde é un dos asesores do CFR (Centro de Formación e Recursos) da Coruña, un dos organismos que se encarga da formación do profesorado e de dotar os centros de ensino de recursos pedagóxicos.
O IV Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica celébrase na Facultade de Económicas da Universidade de Vigo entre este xoves 21 e o sábado 23, coa participación de 200 expertos, investigadores e labregos.
O Acordo Comercial de Antifalsificación foi xa aprobado por 22 países da UE, ademais de Estados Unidos ou Xapón. Porén, a el opóñense catro comisións do Europarlamento e cinco denuncias presentadas por cidadáns, unha delas apoiada por tres millóns de sinaturas, por considerar que vulnera a privacidade dos usuarios de Internet.
Este xoves présentase LEGA (Lecer Galego), un portal que quere recompilar, crear e promover recursos lúdicos dixitais con licencias libres. É unha iniciativa de GalegoLab, a plataforma de crowdsourcing na que se desenvolveron algúns destes contidos. Entre eles están Galegogym -un CD de música para facer fitness en galego-, videoxogos en galego ou recursos relacionados coa astronomía. Falamos con Xabier Seixo, encargado do desenvolvemento de LEGA.