A Xunta presume do escaso apoio a unha folga 'descafeinada' no ensino galego
Comisións cifra en máis dun 30% o seguimento do paro en infantil, primaria e secundaria, mentres Educación redúceo ao 3,36%, o que interpreta como un apoio ás súas políticas, malia que CIG, UGT ou STEG non o secundaron. Aínda así, o seguimento foi masivo nas universidades.