Robots que facilitan a vida
Un congreso reúne na Universidade de Santiago de Compostela a expertos en robótica para buscar formas de poñer os seus inventos ao servizo da cidadanía.
Un congreso reúne na Universidade de Santiago de Compostela a expertos en robótica para buscar formas de poñer os seus inventos ao servizo da cidadanía.
As urbes galegas amosan cifras de acceso e uso de Internet semellantes á media española, pero as zonas rurais seguen lonxe da converxencia. O mesmo pasa por idades: os galegos menores de 44 anos conéctanse á rede máis que no resto do Estado, pero por riba desa idade o uso de Internet é moi inferior en Galicia.
Un blog publica consellos para mudar a lingua do navegador, importante para potenciar as versións en galego de webs multilingües, as procuras da galipedia ou as descargas de programas na súa versión galega.
María Xosé Bravo (BNG) considera que o nomeamento como directora dunha funcionaria sen experiencia neste campo, de confirmarse, sería unha mala nova “para a ciencia e a divulgación”, e tamén o medio especializado amazings.es amosa a súa preocupación pola destrución do labor realizado nos últimos anos.
O proxecto, cunha estética e funcionamento semellantes aos do Facebook, será público a partir do 3 de setembro. Está realizado por catro mozos e mozas de ao redor de 25 anos de idade.
Investigadores do Instituto Max Planck alemán reconstrúen o ADN completo dun grupo humano descoñecido descuberto en 2008 nunha cova do sur de Siberia.
Un estudo internacional amosa a diminución da efectividade dos tratamentos contra esta doenza e a maior difusión das variantes máis difíciles de combater.
O noso país consome moitos máis recursos e servizos ambientais dos que pode rexenerar, e de feito calcúlase que a pegada ecolóxica galega (6,64 hectáreas/persoa) supera nun 50% á da biocapacidade do seu territorio (4,4). Unha análise de Xosé Veiras.
A aplicación web España en llamas ofrece datos completos sobre os incendios da última década, e está desenvolvida pola Fundación Ciudadana Civio e o programador galego Juan Elosua, que pasou meses reclamando oficialmente o acceso á información pública, obtendo finalmente os datos primarios das brigadas de extinción. Teñen en marcha unha campaña de crowdfunding para completar o proxecto.
A formación denuncia que a indemnización derivada da inexecución da convocatoria por imposibilidade legal dunha sentenza firme é de maior contía.
Un estudo publicado na revista Science sitúa a orixe das linguas indoeuropeas na península de Anatolia
A Asociación Mariña Patrimonio denuncia roubos de pedras e destrución de muros nos castros do Carreiro e Fazouro e nos xacementos da Pampillosa e de Estabañón. "Actuaron antes os espoliadores que a Xunta, responsable da conservación e protección do patrimonio tal e como recolle a lei", din