"A policía foi violenta; temos rabuñaduras e mazaduras no corpo"
As forzas de seguridade desaloxan con violencia uns 50 estudantes que se pecharon na Biblioteca Municipal de Ourense en protesta contra os recortes no ensino público. Un dos mozos que se atopaba dentro conta como foi a actuación policial.