Os recortes da Xunta lévanse por diante máis de 1.000 profesores para o curso que vén
CIG-Ensino lembra que os datos de adxudicación de destino demostran que haberá cando menos 999 docentes menos, unha cifra que aumentará cando se coñezan as vacantes das xubilacións que non se cubrirán. "O PP é unha máquina de destruír emprego na ensinanza pública mentres reforza a privada", di.