Ciencia e tecnoloxía
Galicia rexistrou o verán máis cálido dende que hai datos comparables
A temperatura media de xuño a agosto estivo dous graos por riba do normal e choveu un 62% menos do que debería. "Para atopar un verán máis seco temos que remontarnos a 1981", destaca MeteoGalicia
Investigadores da USC lideran a primeira medición completa do retroceso dun buraco negro
A investigación, liderada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta, mediu por primeira vez o retroceso gravitacional provocado por unha colisión de buracos negros. Grazas á Relatividade Xeral de Einstein, “podemos saber cara a onde se dirixe o buraco negro e a que velocidade”, indican
A primeira pescuda científica sobre os incendios de agosto lígaos á crise climática
A World Weather Attribution subliña os efectos do "despoboamento rural" e "poboación envellecida" en Galicia e Portugal se viron agravados pola vaga de calor "máis intensa dende que hai rexistros". O cambio climático fai que "as condicións extremas que provocaron os recentes incendios acontezan cada quince anos". Sen el "esperaríase menos dunha vez cada 500 anos", advirte esta rede científica internacional
'Spontaneous Speech': a fala real do galego chega para ficar no universo dixital
A plataforma colaborativa Common Voice, impulsada por Mozilla, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala espontánea, que permitirá rexistrar doazóns con acentos diversos, variantes léxicas e morfolóxicas, que adoitan desaparecer na fala lida
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía
As xinecólogas avisan: a reprodución asistida "non vai ser responsable do aumento da natalidade"
A conversa sobre a maternidade é un clamor cando as mulleres empezan a achegarse á década dos trinta, vai das redes sociais ás terrazas, e a conxelación de óvulos é agora o tema máis comentado. Para 2028 a Xunta di que as mulleres entre 30 e 35 anos que queiran preservar oocitos para pospoñer a súa maternidade poderán facelo na sanidade pública. As especialistas indican que "o problema é que ninguén sabe a demanda que vai haber" nin se o Sergas estará capacitado para asumila
"Confi xa non está": desleixo ata a morte dun arroaz solitario
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños ve probable que o arroaz atopado morto en instalacións de Navantia Ferrol sexa o mesmo que viviu en augas galegas dende hai media década mentres bañistas, mergulladores e mesmo profesionais do mar facían caso omiso das recomendacións para non danalo
Galicia, clave na detección da fusión de buratos negros máis grande xamais observada
O IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías), protagonista nun achado "de récord", no límite da relatividade de Einstein, unha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos.
Galicia rexistrou o xuño máis cálido dende que hai datos comparables
MeteoGalicia avanza que a temperatura media do mes pasado foi 20,5 graos, case tres por riba do habitual. Na segunda quincena do mes Ourense só tivo dous días nos que non superou os 30 graos e en catro xornadas rexistrou máis de 40
Investigadores da Uvigo identifican unha clave para vencer a resistencia de cancros aos fármacos
O equipo liderado pola doutora María Mayán, do grupo CellCOM do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) descubriu un novo mecanismo molecular capaz de restrinxir a capacidade das células tumorais para reparar o seu ADN, a principal forma de defensa fronte aos fármacos. Mayán destaca o valor de realizar "ciencia de vangarda" desde Galicia.
Unha investigación da Uvigo constata que o eucalipto prexudica a biodiversidade dos regatos galegos
O equipo analizou vinte regatos de dez concellos pontevedreses, nos que achou que nos que discorrían por plantacións de eucalipto os ecosistemas fluviais perderan “riqueza e diversidade”. Piden que a actual prohibición de plantar esta especie a menos de 15 metros de ríos de máis de dous metros de ancho se aplique tamén a regatos máis pequenos
Drons e intelixencia artificial para tentar frear a "invasión" da ostra xaponesa na costa galega
A empresa Telespazio Ibérica e o CSIC adestran en 15 praias da Mariña e do norte da Coruña un algoritmo para "identificar de forma automática e precisa" os bancos desta especie a partir de imaxes captadas por aeronaves non tripuladas. "O que comezou como un experimento acuícola hai décadas converteuse nunha ameaza socioeconómica que pon en xaque o marisco galego", advirten