
Dos 25,5 graos na Mariña aos 37,5 en Ourense: cando a calor fai saltar a alerta sanitaria
O Ministerio de Sanidade substitúe as provincias por 'meteozonas' máis específicas para activar as alertas por calor, dezaseis áreas no caso galego. O exceso de mortaldade atribuíble á calor en Galicia foi o segundo máis elevado do Estado en 2023, só por tras de Madrid. Nese verán rexistráronse máis dun cento de alertas por altas temperaturas no noso país