
Un estudo en Mazaricos, Outes e Santiago sitúa a soidade como o factor que máis afecta á autoestima das persoas maiores
Un estudo dos investigadores da USC Sara Rey Beiro e Fidel Martínez-Roget conclúe que a soidade é o factor que máis inflúe na satisfacción das persoas maiores coas súas vidas. O traballo buscaba determinar a distinta maneira en que a soidade nas persoas de maior idade inflúe en contornas rurais e urbanas.