
Ciencia e tecnoloxía
- Entrevista | Alejandro Vilar
- Ciencia e tecnoloxía
"Que os investigadores galegos saian fóra é bo. O malo é que Galicia non dea estabilidade aos que queren volver"
Investigal organiza o 8 e 9 de marzo en Bruxelas I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro, que busca "tecer redes" entre os investigadores e investigadoras galegas que traballan noutros países e fortalecer os vínculos deste colectivo co ecosistema investigador do país.
A tiranía de Google: cando o algoritmo (e non o xornalismo) decide que noticias les
Cunha audiencia fragmentada que perdeu o costume de entrar directamente aos medios de comunicación, o xornalismo acaba secuestrado por un algoritmo que xerarquiza e oculta informacións
Regar cultivos con auga de depuradora para paliar as secas, un programa internacional liderado dende Lugo
Encadrado no proxecto europeo I-Rewater, o estudo liderado dende o Campus Terra analiza o efecto da "auga rexenerada" na rega de oliveiras, viñedos, lúpulo, tomate ou leituga. "Pode aforrar un 10% dos recursos hídricos consumidos na actualidade" , explica o investigador Javier Cancela
José Rodríguez, 'o matemático de Bermés', Científico Galego do Ano
Coincidindo co bicentenario do seu pasamento, a Real Academia Galega de Ciencias acordou homenaxealo. Foi un dos científicos europeos máis brillantes do seu tempo, contribuíndo a fixar o metro como unidade de medida ou a demostrar a teoría de Newton de que a Terra é achatada polos polos
A aldea de Cangas que desapareceu hai 400 anos baixo a area por mor dun cambio climático
Un traballo do historiador Andrés Pino documenta a existencia dun núcleo habitado a carón da actual praia de Barra, que por mor dun "acontecemento meteorolóxico extremo", probablemente unha forte treboada ou unha sucesión de temporais, desapareceu entre os séculos XVI e XVII ante a imposibilidade de cultivar no lugar, cuberto na actualidade por dunas.
O 60% da poboación descoñece as medidas para reducir a incidencia do canceríxeno radon nos fogares
Unha enquisa realizada polo grupo Novos Medios da USC sinala que Galicia é o territorio do Estado no que a cidadanía amosa unha maior preocupación por este tema. Aínda que unha ampla porcentaxe (o 70,5%) sinalan o radon como un elemento canceríxeno, só catro de cada dez (o 39,2%) identifican no seu nivel de gravidade, como segunda causa de cancro de pulmón despois do tabaco
Os dominios de Internet galego, catalán e vasco unen forzas na Coruña e valoran accións conxuntas
O obxectivo da xuntanza, á que tamén asistiron representantes do dominio .barcelona, era poñer en común os seus plans de futuro, accións comerciais para este ano e previsións de evolución do mercado e da rede. Na xornada de traballo participaron tamén unha vintena dos máis importantes rexistradores de dominios do Estado
Un artigo de Xosé María Torres sobre os boticarios galegos publicado en Praza.gal, galardoado co Premio Albarelo
O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña entregou a 23º edición do seu premio xornalístico Albarelo, que recoñece traballos que tratan temas relacionados con este ámbito sanitario. O farmacéutico de Ortigueira recibiu un dos dous accésit.
A chegada a Galicia da penicilina, un medicamento “milagroso” (1944)
Xosé A. Fraga VázquezDe Salceda de Caselas á Antártida para estudar o desxeo provocado polo cambio climático e o seu impacto no planeta
O xeógrafo galego Alejandro Gómez participa no proxecto Parantar, nas illas Shetland do Sur. "Os cambios que se produzan na Antártida terán un impacto en todo o planeta, modificando as dinámicas existentes e podendo xerar múltiples problemas relacionados co xa coñecido cambio global", destaca o equipo
Proxecto Xenoma: o ADN de 400.000 galegas e galegos servirá para avanzar na Medicina personalizada
400.000 galegas e galegos participarán no Proxecto Xenoma Galicia para "coñecer máis sobre as bases xenéticas das enfermidades" e avanzar na creación de modelos cos que se procura anticipar a aparición das doenzas