
PradoRua e Toxío buscan nos institutos novas xeracións de creadoras de contidos en galego en Internet
No marco da sétima edición de Youtubeiras, cuxo prazo de inscrición rematará o vindeiro 17 de novembro, dúas das creadoras máis recoñecidas do momento no país, María Rúa, da canle PradoRua, e Nuria P. Espasandín, da canle Toxío, están a manter encontros co alumnado de institutos nunha xira de obradoiros que nunha primeira quenda visita centros educativos de Pontevedra, Moaña e Santiago.