O obxectivo principal da iniciativa é "visibilizar as prácticas abusivas no ámbito da investigación, sinalando a persoas, grupos ou centros que perpetúan estas situacións"
A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) vén de anunciar a activación da súa conta de Instagram (@asembleainvestigadorasdausc) como ferramenta para "visibilizar, de forma anónima, as situacións de abuso" que teñen lugar nos centros de investigación da universidade.
A entidade destaca que a través do envío de mensaxes directas á conta de Instagram, o persoal investigador poderá "compartir as súas experiencias de abuso con total confidencialidade". A Asemblea solicita ás participantes que inclúan "a máxima información posible describindo o abuso, sempre respectando que cheguen ata onde queiran chegar". Aclaran que "só unha persoa de confianza dentro da Asemblea terá acceso ás mensaxes recibidas, asegurando así o cumprimento estrito da confidencialidade e a protección das participantes".
A entidade destaca que a través do envío de mensaxes directas á conta de Instagram, o persoal investigador poderá "compartir as súas experiencias de abuso con total confidencialidade"
O obxectivo principal da iniciativa é "visibilizar as prácticas abusivas no ámbito da investigación, sinalando a persoas, grupos ou centros que perpetúan estas situacións". A ferramenta céntrase na denuncia das "malas praxis no ámbito laboral", pero está aberta a todo tipo de denuncias que o persoal investigador queira realizar sobre situacións que lle afecten no seu traballo na USC.
Explican que "moitas destas situacións son ben coñecidas pola comunidade universitaria en xeral" pero "ante a falta de medidas tomadas por parte da Universidade", denuncian, a Asemblea considera que "é imprescindible dar un paso adiante para romper o silencio e esixir un cambio"
Explican que "moitas destas situacións son ben coñecidas pola comunidade universitaria en xeral" pero "ante a falta de medidas tomadas por parte da Universidade", denuncian, a Asemblea considera que "é imprescindible dar un paso adiante para romper o silencio e esixir un cambio que converta a investigación nun espazo máis xusto e seguro para todas".
A AIC convida a todas as persoas investigadoras a participar nesta acción valente e necesaria en conclúen que "xuntas podemos transformar o noso ámbito profesional nun lugar onde se respecten os dereitos e a dignidade de todas".