"O evento xorde da necesidade identificada desde a asociación de establecer unha rede que conecte ao persoal investigador que se atopa fóra de Galicia, tanto para buscar posibles sinerxías como para manter o contacto co ecosistema investigador galego", destaca Investigal
Centos de investigadores e investigadoras galegas desenvolven o seu traballo fóra de Galicia. Nalgúns casos manteñen nestas estadías a relación con centros e universidades do país, noutros non teñen xa vínculo ningún con entidades insititución galegas. Algúns queren volver a Galicia, pero non poden; outros non pensan en regresar (neste momento, cando menos). Todos eles e elas forman unha comunidade dispersa e altamente cualificada, un colectivo con problemáticas comúns e algunhas demandas que poñer sobre a mesa. Un capital humano que Galicia non se pode permitir ignorar.
O venres 8 e o sábado 9 de marzo InvestiGal-Rede Galega Pola Investigación organiza conxuntamente coa Axencia Galega de Innovación (Gain) en Bruxelas o I Foro da Investigación Galega no Estranxeiro (FIGaE), un encontro que busca, sobre todo, "crear rede" entre os investigadores e investigadoras galegas que están noutros países, poñéndoos en contacto entre eles e elas e, á vez, conectar este colectivo do ecosistema galego de investigación, "contribuíndo ao seu progreso e mellora".
Haberá espazos nos que investigadoras presentarán o seu traballo co obxectivo de visibilizar e conectar o capital intelectual co que conta Galicia no estranxeiro. Tamén haberá relatorios nos que se busca dar a coñecer e reflexionar sobre a estratexia de política científica desenvolvida en Galicia
"O evento xorde da necesidade identificada desde a asociación de establecer unha rede que conecte ao persoal investigador que se atopa fóra de Galicia, tanto para buscar posibles sinerxías como para manter o contacto co ecosistema investigador galego", destacan dende Investigal, que convidaron tamén a participar a representantes da Axencia Galega de Innovación (Gain) e doutros organismos dedicados á investigación en Galicia, como as universidades ou o CSIC.
O evento desenvolverase en tres sesións nas que se alternarán diversos formatos. O primeiro día as actividades terán lugar na sede da Fundación Galicia-Europa (Rue de la Loi, 38. 1040, Bruxelas). O segundo, será no GC Pianofabriek (Rue du Fort, 35. 1060 Saint-Gilles). Haberá espazos nos que investigadoras e investigadores presentarán brevemente en comunicacións orais o seu traballo co obxectivo de visibilizar e conectar o capital intelectual co que conta Galicia no estranxeiro.
Como complemento e festa final do Foro, o evento rematará dando paso ao festival EmigraSON, que se celebra o sábado coa presenza de Ataque Escampe, Catuxa Salom, Grande Amore, Lontreira e The Rapants. Unha coincidencia de datas que non foi casual
Tamén haberá outros relatorios nos que se busca dar a coñecer e reflexionar sobre a estratexia de política científica desenvolvida en Galicia e, ademais, unha mesa redonda de igualdade coincidindo co 8M. Así mesmo, investigadoras cunha traxectoria máis consolidada, como Lucía Pereira Pardo, Elena Rodríguez Viéitez, Olalla Vázquez e Marta Núñez, achegarán a súa experiencia ás persoas que están en etapas previas da carreira investigadora. Finalmente, o Foro rematará cunha charla de Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), que o pasado ano recibiu o Premio Nacional de Investigación 'Ramón Menéndez Pidal' na área de Humanidades polas súas achegas pioneiras e innovadoras á arqueoloxía.
E, como complemento e festa final do Foro (pero tamén un espazo de relación e networking) o evento rematará dando paso ao festival EmigraSON, o festival musical galego en Bruxelas, que se celebra o sábado 9 en La Tricoterie, coa presenza de Ataque Escampe, Catuxa Salom, Grande Amore, Lontreira e The Rapants. Unha coincidencia de datas que non foi casual.
"Non existe conexión entre esta xente, porque realmente é moi difícil que exista, xa que están moi dispersas, en moitas áreas e países distintos"
De momento está confirmada a presenza de medio cento de investigadores e investigadoras procedentes de distintos lugares de Europa, ademais das persoas que se despracen dende Galicia, nomeadamente os representantes InvestiGal pretende con este formato "contribuír ao desenvolvemento dun sistema de investigación en Galicia equiparable ao existente noutros países de Europa, que sexa quen de atraer talento afincado no estranxeiro, ademais de reter ao que xa se atopa en Galicia".
Alejandro Vilar forma parte de Investigal e aínda que se formou na USC en Física, traballa en Bruxelas cun contrato postdoutoral. É unha das persoas que se está a encargar da organización do Foro. Destaca a importancia de poñer en relación os investigadores e investigadoras galegas que traballan fóra de Galicia. "Non existe conexión entre esta xente, porque realmente é moi difícil que exista, xa que están moi dispersas, en moitas áreas e países distintos", di. "Pero parecíanos interesante crear un punto de encontro para ser conscientes de todo isto que hai, que a xente se coñeza e ver que cousas poden saír de aí", engade en conversa con Praza.gal.
"As instancias que xestionan a investigación en Galicia moitas veces non son moi conscientes do capital investigador galego que está no estranxeiro, sobre todo da xente que leva máis tempo desvinculada. Pero esta xente ten moito que achegar, é xente que coa súa formación pode axudar a decidir políticas que se fan en Galicia en moitas materias"
"Este Foro pode dar froitos en moitas direccións: por unha banda, nunha dirección máis científica, creando redes, sobre todo entre a xente que traballa en campos máis ou menos semellantes. Pero, pola outra, queremos incrementar a relación destes investigadores co sistema científico galego. Moitos investigadores que están fóra seguen tendo vínculos con centros de investigación de Galicia, pero moitos outros non, e é importante que non perdan este nexo", comenta. "Hai que crear sinerxías, que os investigadores sintan que teñen un punto de encontro con Galicia", engade.
Alejandro Vilar sinala que "as instancias que xestionan a investigación en Galicia moitas veces non son moi conscientes do capital investigador galego que está no estranxeiro, sobre todo da xente que leva máis tempo desvinculada". "Pero esta xente ten moito que achegar, é xente que coa súa formación pode axudar a decidir políticas que se fan en Galicia en moitas materias", salienta.
"A gran eiva está na imposibilidade de estabilizarse cun contrato de investigación, tanto para os galegos que nalgún momento queiran volver a Galicia, como para os investigadores doutros países que Galicia queira atraer"
O representante de Investigal fai fincapé en que "non é intrinsecamente malo que os investigadores galegos saiamos fóra de Galicia". "A investigación é algo totalmente global e a única maneira de crecer é pasar por distintos lugares e traballar con persoas doutros países. Eu formeime en Santiago e agora estou en Bélxica e está a ser unha experiencia moi valiosa para min. Que os investigadores galegos se movan é algo bo", subliña. Pero, ao tempo, engade que "o malo é que Galicia non é quen de atraer talento doutros países. Galicia só dá".
"Este é o problema e revela a debilidade da política científica no país. A gran eiva está na imposibilidade de estabilizarse cun contrato de investigación, tanto para os galegos que nalgún momento queiran volver a Galicia, como para os investigadores doutros países que Galicia queira atraer", subliña
"Que os investigadores galegos se movan é bo. Pero o malo é que Galicia non é quen de atraer talento doutros países. Galicia só dá"
Por iso, no Foro vaise poñer sobre a mesa esas dificultades para a estabilización e o retorno. Alejandro Vilar critica, por exemplo, as condicións de acceso para un dos programa de estabilización que recentemente presentou a Xunta, "que vetan calquera persoa que asinara un contrato no estranxeiro". "Se ti impides o acceso aos investigadores que teñan unha mínima experiencia no estranxeiro, están poñendo paus nas rodas", salienta.