
Doa galego: o Proxecto Nós busca voces para acadar 1.000 horas de gravación
O Proxecto Nós avanza na recollida de voces galegas. En pleno Nadal deu comezo a campaña 'AgasallaNós', coa que se quere dar pulo aos traballos e chegar ás 1.000 horas gravacións para mellorar un sistema que permita aos asistentes de voz entender a nosa lingua con normalidade. De momento a recompilación bordea as 120 horas.