Nun recente estudo realizado no Parque Natural das Fragas do Eume, o persoal investigador analizou como as características da vexetación afectan á comunidade de aves forestais
A expansión das plantación de eucaliptos é o factor principal na diminución da avifauna forestal autóctona no Noroeste da Península Ibérica. Así o destaca o artigo ‘Eucalyptus cover as the primary driver of native forest bird reductions: Evidence from a stand-scale analysis in NW Iberia’, publicado en Forest Ecology and Management, no que particiou un equipo investigador da USC integrado por Fernando García-Fernández, María Vidal e Jesús Domínguez, que xunto a Adrián Regos (da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC), comparou 240 parches de bosque autóctono e eucaliptal.
O equipo investigador sinala que "a expansión das plantacións de eucalipto no Noroeste da Península Ibérica transformou drasticamente a paisaxe e expón serias ameazas para a biodiversidade”. Nun recente estudo realizado no Parque Natural das Fragas do Eume, o persoal investigador analizou como as características da vexetación afectan á comunidade de aves forestais. En Galicia as masas de eucalipto cobren xa o 30 % da superficie forestal
“As plantacións de eucalipto albergan moitas menos especies e exemplares de aves que os bosques nativos, e o factor máis determinante deste declive é o propio eucalipto, pola súa escasa oferta de alimento e refuxio”, destaca o equipo investigador
Os investigadores destacan que “as plantacións de eucalipto albergan moitas menos especies e exemplares de aves que os bosques nativos, e o factor máis determinante deste declive é o propio eucalipto, pola súa escasa oferta de alimento e refuxio”, din.
O equipo engade que nin sequera os exemplares máis grandes poden substituír o papel ecolóxico das árbores autóctonas maduras, que se demostran fundamentais para o mantemento da biodiversidade. A razón é que a capa de mato na parte baixa das plantacións de eucalipto, moitas veces inexistente ou moi limitada, ofrece unha cuberta insuficiente para dar acubillo e alimento ás aves do bosque.
O equipo investigador propón unha solución de xestión: incorporar franxas de vexetación libres de eucaliptos dentro das plantacións, onde a vexetación autóctona poida desenvolverse libremente
No seu estudo, o equipo investigador propón unha solución de xestión: incorporar franxas de vexetación libres de eucaliptos dentro das plantacións, onde a vexetación autóctona poida desenvolverse libremente. “Isto favorecería a biodiversidade e ao tempo podería mellorar a produtividade forestal grazas ao control biolóxico de pragas por parte das aves insectívoras", sinalan.