As eclipses de 1905 e 1912 en Galicia. Cristais afumados e asombro nas rúas: "esta vez poido máis o Sol"

Recortes de prensa e imaxe do público observando a eclipse de 1905 nos Cantóns da Coruña, publicada en 'Coruña Moderna' ©

As últimas eclipses totais de Sol que se puideron ver en Galicia tiveron lugar hai máis dun século. O fenómeno causou estupor na cidadanía e foi seguido por milleiros de persoas, como destacaron as crónicas xornalísticas da época

As eclipses totais de Sol son un fenómeno bastante estraño. Tanto que as últimas que se puideron ver en Galicia tiveron lugar en 1905 e 1912 e que, despois da que ocorrerá este 12 de agosto, a seguinte non chegará ata o ano 2180 (e esta, ademais, será en novembro e só se verá nunha franxa moi pequena do país). Como se viviron no país as últimas eclipses totais de hai algo máis dun século? 

Nos primeiros anos do século XX falouse moito en España das eclipses solares. Ao igual que vai suceder entre 2026 e 2028, entre 1900 e 1912 houbo un trío de eclipses: o 28 maio de 1900, o 30 de agosto de 1905 e o 17 de abril de 1912, que espertaron a curiosidade da poboación e permitiron levar a cabo numerosas observacións e experimentos científicos en todo o territorio. Mentres que a de 1900 só se puido contemplar en Galicia como eclipse parcial, nas de 1905 e 1912 as franxas de totalidade si abrangueron parte do territorio galego.

 

30 de agosto de 1905 

Para a poboación galega do momento, esta foi a primeira eclipse total das súas vidas, pois as de 1860 e 1900 só se puideran ver como parciais no territorio de Galicia. O fenómeno tivo lugar ademais en pleno verán e en horario de mediodía (o seu máximo chegou ás doce e 25 minutos), o que incrementou a súa espectacularidade. O percorrido da eclipse era, cursiosamente, practicamente o mesmo que vai seguir a deste 12 de agosto, cunha franxa de totalidade que abranguía dende A Coruña ata Santander e que se despois se movía ata Valencia e as Illas Baleares.

Franxa de totalidade da eclipse de 1905 © https://astrosabadell.org/

Para a poboación galega do momento, a de 1905 foi a primeira eclipse total das súas vidas, pois as de 1860 e 1900 só se puideran ver como parciais no territorio de Galicia

Da repercusión do fenómeno dan conta os xornais da época que tanto ese día coma o seguinte lle dedicaron as súas portadas e ampla información, dando conta tanto dos varios experimentos científicos realizados en varias cidades galegas coma das reaccións da poboación. 

Malia ser un día de finais de agosto, as nubes dificultaron nalgúns momentos a visibilidade da eclipse, o que non impediu que milleiros de persoas seguisen o fenómeno nas rúas de cidades coma A Coruña: "Los molinos de Santa Margarita, los malecones de Riazor, el Monte de San Pedro, la altura de San Cristóbal, el campo de la Estrada y la carretera y Faro de Hércules viéronse concurridísimos", podíase ler en La Voz de Galicia.

Da repercusión do fenómeno dan conta os xornais da época que tanto ese día coma o seguinte lle dedicaron as súas portadas e ampla información, dando conta tanto dos varios experimentos científicos realizados en varias cidades galegas coma das reaccións da poboación

"Surgieron infinitos vendedores de cristales ahumados ó de colores que pregonaban a voz en cuello tan 'perfeccionados' aparatos para ver el eclipse. Y no hicieron poca venta", destacaba La Voz que, ademais, abundaba en que "era a fé curioso ver a centenares de vecinos plantados muy formalmente haciendo particulares y extrañas observaciones del fenómeno. Narices, carrillos y dedos tiznados húbolos por centenares".

Os cristais ahumados foron, pois, uns dos protagonistas da xornada, sinalando o xornal que "no fue obstáculo para algunos desahogados no tener provisión de cristales, porque solucionaron el conflicto rompiendo con la mayor tranquilidad una vidriera en los almacenes de la aduana y repartiéndose después buenamente los pedazos de vidrio".

No porto da Coruña, como lembraba Xosé A. Fraga neste artigo, un grupo de mariñeiros "montou todo un espectáculo" pois construíron un peculiar “observatorio astronómico” formado por unha pequena plataforma sobre a que colocaron un trípode constituído por tres remos e no extremo dun deles puxeron unha catalexe rota e sen cristais. "Sobre esa escenografía básica os mariñeiros desenvolveron a súa representación.  Un deles, cun cucurucho na cabeza, convidaba todo serio ao público presente a que ollara desde o telescopio o fenómeno solar", destaca o divulgador científico.

Recreación da parodia do porto © Jorge Llorca, 2016

Pola súa banda, El Correo Gallego, xornal nese momento aínda radicado en Ferrol, destacaba na súa crónica que a temperatura "llegó a ser invernal en el momento de la totalidad, marcando el termómetro 13º" e comentaba a ampla presenza de "turistas" que observaban o fenómeno na cidade departamental. Tamén incluía algún que outro comentario escoitado entre a multitude, coma o pronunciado por un veciño do Val (Narón) que afirmaba (en galego no orixinal) que "Esta vez poido máis o Sol. ¿Pro que si chegaba a ganar a Lúa?".

"A la hora de la totalidad, arreció el frío y la natruralez quedó envuelta en densa oscuridad, ofreciendo tristísimo e imponente aspecto. Callaron las aves. Al día había sucedido la noche", podíase ler na crónica, que a seguir engadía que co remate da totalidade "comenzó a renacer el día y con él la alegría en la Naturaleza y en los espíritus (...) En el arbolado del Arsenal saludaron el amanecer las aves con sus trinos dulcísimos, lanzándose en raudo vuelo las golondrinas".

A crónica do xornal ferrolán sinala que "al principio de la totalidad la cara de los aldeanos indicaba la estupefacción no desprovista de horror, pero después la socarronería se retrataba en sus semblantes indicando claramente que por esta vez no había pasado nada".

De forma aínda máis poética, a crónica de El Diario de Pontevedra describía así o momento da totalidade: "Callaron los pájaros. Las vacas y los chotillos se llamaban y huían hacia la majada; descendió la temperatura muchos grados, durmiose el aire, se dejaron ver las estrellas y todo quedó envuelto en una luz que no era cárdena ni violácea ni lívida, aunque parecía todas esas cosas. Era una luz vaga y tristísima que todo lo llenó de su profunda melancolía y de hondísima tristeza. Si Dios quisiera matar al mundo de pena no tenía más que teñirlo de aquella luz por espacio de ocho días".

A crónica de La Voz pechábase cunha descrición do momento máis espectacular da eclipse, o minuto e 14 segundos de totalidade (na cidade da Coruña): "Cuando el eclipse fue total y la vasta zona quedó envuelta en tinieblas, oyéndose el canto del gallo y viéndose revolotear en el aire buhos y otras aves nocturnas, no fueron pocos los entusiasmados espectadores que rompieron a aplausos".

Franxa de totalidade da eclipse de 1912 © https://astrosabadell.org/

17 de abril de 1912

Sete anos máis tarde o fenómeno repetiuse e, de novo, puido verse dende algúns lugares de Galicia. Tratouse dunha eclipse singular, unha eclipse híbrida, pois debido á curvatura da Tierra comezou sendo anular, despois pasou a total no seu percorrido pola Península e, posteriormente, volveu ser anular ao chegar a Francia

Sete anos máis tarde o fenómeno repetiuse e, de novo, puido verse dende algúns lugares de Galicia. Tratouse dunha eclipse singular, unha eclipse híbrida, pois debido á curvatura da Tierra, comezou sendo anular, despois pasou a total no seu percorrido pola Península e, posteriormente, volveu ser anular ao chegar a Francia. Isto provocou que a fase de totalidad fose extremadamente curta, de só sete segundos como moito. E, ademais, a falta dun coñecemento exacto sobre o diámetro da Lúa fixo que os científicos non se puxesen de acordo previamente sobre a duración da totalidade ou a franxa de terreo que abranguería. 

Esta franxa de totalidade cruzou o noroeste da Península entre Porto e Xixón, incluíndo unha parte do territorio galego no sur e no leste da provincia de Ourense. O impacto en Galicia, fóra desas comarcas, foi polo tanto menor que o da eclipse de 1905. Iso si, nesta ocasión Galicia gozou dunha xornada sen nubes, especialmente no momento da eclipse, de novo preto do mediodía.

As crónicas dos xornais foron máis comedidas que as publicadas sete anos antes debido a que a eclipse non foi total na maior parte do país. Ademais, o tema estrela era outro: o afundimento do Titanic, que tivera lugar tres días antes.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.