Tuenti, premiado polo seu uso do galego

© Tuenti

A Mesa pola Normalización Lingüística acordou concederlle o premio Abertos ao Galego á empresa Tuenti, que xestiona a rede social do mesmo nome, pola súa utilización do idioma. E empresa madrileña Tuenti hai xa algúns anos que incorporou o galego como unha opción normal desde 2009 conta cun tradutor ao galego no seu cadro de persoal, o que permite manter e actualizar a versión en galego da súa rede social con garantías de profesionalidade. Non só fornecen actualizacións, senón que tamén dan soporte na nosa lingua, o que fai imprescindíbel que teñan no seu cadro de persoal traballadores que poidan dar o servizo de atención en galego.

O premio ten o obxectivo de contribuír a prestixiar o traballo das empresas que traballan en galego e animar o conxunto da sociedade a que practique un consumo responsable

Esta é a primeira edición do Premio Abertos ao Galego, que ten o obxectivo de contribuír a prestixiar o traballo das empresas que traballan en galego e animar o conxunto da sociedade a que practique un consumo responsábel coa lingua e cultura do país. O Premio Abertos ao Galego nace baixo o proxecto do mesmo nome da Mesa pola Normalización Lingüística, un certificado de uso do idioma propio para empresas, desde o que se promoven iniciativas destinadas a apoiar e dinamizar o uso do galego no ámbito empresarial. A Mesa salienta a importancia de que a primeira edición desre premio recaia nunha "empresa nova e con fortísima proxección social".

O galardón entregarase o próximo 19 de decembro nun acto que se vai celebrar no Pazo da Pedreira de Pontevedra, organizado en colaboración do Concello da cidade.

© Tuenti

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.