Un investigador lucense, premio á mellor tese de Xeografía no Estado

Horacio García Dominio Público Praza Pública

A tese de doutoramento do investigador lucense Horacio García, actualmente profesor na Universidade de Concepción (Chile), vén de ser recoñecida como a mellor de todo o Estado no campo da Xeografía. García centrou o seu traballo (“Xeomorfoloxía fluvial en sistemas atlánticos: metodoloxía de caracterización, clasificación e restauración para os ríos de Galicia”) nos procesos de erosión, transporte e sedimentación nos ríos galegos.

O Premio Manuel de Terán Álvarez á mellor tese de doutoramento de Xeografía é concedido pola Asociación de Geógrafos Españoles e foi entregado o pasado venres en Zaragoza no transcurso do XXIV Congreso da entidade.

A tese de Jesús Horacio García é inédita en Galicia. Establece un novo enfoque ecolóxico xa que o seu estudo está baseado na xeomorfoloxía fluvial. Nela expón un protocolo de actuación para analizar polo miúdo o estado actual dos sistemas fluviais atlánticos e a súa diversidade desde variables e parámetros hidrolóxicos e xeomorfolóxicos. Trátase dunha ferramenta eficaz para explicar a complexidade da paisaxe fluvial e os efectos da conca vertente sobre a ecoloxía do río. Ademais, segundo conta o propio investigador, a súa aplicación permite predicir o comportamento do río e propor medidas para mellorar o seu estado ecolóxico e xeomorfolóxico.

Horacio García Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.