Unha empresa galega reinventa o GPS

Xerente da empresa © Hicom Tech

A empresa ourensana Hicom & Technology Business lanza internacionalmente ao mercado o HICOM Mov Tracker GPS, do que destacan que se trata do "primeiro dispositivo GPS con funcións de seguridade, control de impactos, caídas, golpes e roubos".

As capacidades deste novidoso dispositivo complétanse coa función Himove, que xera alarmas en caso de impactos ou vibracións, golpes accidentais, ruptura de cristais, roubo de llantas, retirada do vehículo polo guindastre, roubo de combustible en maquinaria pesada... Ademais, permite telo controlado mediante un sistema de posicionamiento GPS e avisos a móbil. HICOM Mov Tracker GPS contén un sensor de campo magnético para controlar a posición relativa nos eixes en todo momento e inclúe un microcontrolador que xestiona os posibles sensores externos (proximidade, ultrasóns ou infravermellos).

Sinalan ademais que este pequeno dispositivo, que se instala no compartimento de motor dos vehículos, "soporta as condicións máis adversas e garante unha autonomía de 48 horas unha vez desconectada a batería do vehículo grazas á súa batería de Li-lon". O HICOM Mov Tracker GPS sairá ao mercado cun prezo de 99 euros e pódese adquirir a través da web da empresa

Esta empresa de San Cibrao das Viñas desenvolve además dispositivos de localización de persoas: tecnoloxía GPS específica para a localización de enfermos de alzheimer, discapacitados psíquicos ou físicos e distintos dispositivos de control.

O GPS galego © Hicom Tech
Xerente da empresa © Hicom Tech

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.