Xa se pode xogar a 'A batalla polo Noroeste' completamente en galego

Interface do xogo Dominio Público http://www.trasno.net/

A batalla polo Noroeste (The Battle for Wesnoth) é un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo de fantasía medieval. É un xogo de software libre, con licenza GNU GPL, un dos máis populares dos realizados con licenzas libres, e está traducido a máis de 50 linguas, algunhas de forma completa e outras só parcialmente. Hai uns días completouse a tradución ao galego de todos os bloques de texto, menús e mapas do extenso xogo.

Dende o Proxecto Trasno, unha comunidade aberta de voluntarios que se dedican a localizar (traducir) software libre ao galego felicítanse polo logro e animan a todos os usuarios a "seguir traballando para asegurarmos de que esta tradución non baixe dese 100% que tanto nos custou conseguir a medida que o xogo vaia evolucionando". "Que mellor forma de colaborar co Proxecto Trasno que xogar unhas horas e informarnos de calquera erro na tradución?", sinalan dende este colectivo.

A batalla por Wesnoth pódese descargar dende a súa páxina oficial e permite xogar escenarios contra outros xogadores ou contra a intelixencia artificial.

Interface do xogo Dominio Público http://www.trasno.net/

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.