21 bandas participan no concurso de grupos noveis do Revenidas

© Festival Revenidas

Un total de 21 grupos noveis de todos os estilos e procedentes de todo o país participan no concurso de bandas do Festival Revenidas, que se celebrará en Vilaxoán os vindeiros 18, 19 e 20 de xullo. De momento xa están confirmados 16 grupos para os dous días de concertos de pago (Fermín Muguruza, Obrint Pas, Os Diplomáticos, Zuloak, Zënzar...) e 10 artistas para as actividades de balde.

O obxectivo deste concurso é darlle un espazo a estas novas formación para que o público poida coñecelas o vindeiro 18 de xullo na apertura do festival. As votacións realizaranse a través do Facebook, comezarán este martes 18 de xuño e prolongaranse até final de mes. As tres bandas que teñan máis votos (gústames) pasarán a unha rolda final na que un xurado composto por un membro da organización (Xoán Quintáns), un músico (Xurxo Souto) e un xornalista (Suso Piñeiro) escollerán o gañador. O premio: tocar no Revenidas e 300 euros.

 

Esta é a lista de concursantes

Bocinazo, rural rock, Negreira.
Os Amigos dos Músicos, pop, Ourense
Skalopendra, rock bravú, Vilanova de Arousa
Outra Vaca No Millo, folk rock, Hio
Aspergillus de Coira, rock industrial, Ames
Os Vacalouras Pataca´n´roll, rock bravú, Teis
Okeoh, metal galego, Vedra
Satxa na Leira, rock bravú, Santomé
Balbordo Público, punk, Compostela
Vicky Polard, grunge, Compostela
Xenderal, rap, Cerceda
Liviao de Marrao, rock bravú, Chantada
Curva a Eskerda, metal/punk/rock, Porto do Son
Lusco e Fusco, folk, Vilagarcía de Arousa
The Tetas´Van, cabaret, Ourense
Sowel, rap, O Grove
Noite Fechada, rock, Barrantes
The Alkrikes, rock, Illa de Arousa
Superoito, rock, Ordes
Maskarpone, reggea/ska/rock, Ourense
Rebeliom do Inframundo, rap, Ponteareas

 

© Festival Revenidas
© Festival Revenidas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.