A AELG entrega os seus premios este sábado

Gañadores dos premios da AELG no 2012 © AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega dará a coñecer este sábado os seus galardóns anuais nunha gala que terá lugar no Centro Ágora da Coruña a partir das oito da tarde. Os votos dos socios e socias da AELG reduciron os candidatos e candidatas a un reducido número de finalistas en cada unha das categorías. No acto tamén se fará entrega do Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado a Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora "que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana". De igual xeito tamén se recoñecerán os Premios da Crítica Galega nas categorías de Narrativa e Poesía (Begoña Caamaño, por Morgana en Esmelle e Manuel Álvarez Torneiro por Os ángulos da brasa).

No acto tamén se fará entrega do Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado a Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora "que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana"

E entregarase asemade o Premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, "por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional". E o Premio Instituciónsque se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural "representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural" (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra).

 

Categorías

Blogs Literarios

Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Criticalia, de Armando Requeixo
Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández

Ensaio

Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón (Xerais)
O labirinto da saudade, de Luís G. Soto (Laiovento)
Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais)

Literatura Infanto-xuvenil

Eu, pel, de Teresa González Costa (Xerais)
O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais)
O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro (Galaxia)
Palabras de auga, de Marcos Calveiro (Xerais)

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2012

Ana Romaní
Blanca-Ana Roig Rechou
Carme Vidal
Fran P. Lorenzo
Iago Martínez
María Solar
Moncho Paz
Ramón Nicolás

Narrativa

A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval (Xerais)
As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais)
Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón (Xerais)
Verde oliva, de Xavier Alcalá (Galaxia)

Poesía

Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos)
emily on the road, de Ramón Blanco (Acha Escrava Editora)
Fase de trema, de Lorena Souto (Espiral Maior)
O silencio, de Mario Regueira (Xerais)
Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Factoría K de libros)
ruído de fondo, de Daniel Salgado (Xerais)

Teatro

Banqueiros, de VV. AA. -Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento)
Novo teatro fantástico, de Manuel Lourenzo (Laiovento)

Tradución

Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa)
Carné de identidade, de Mahmud Darwix, en tradución de Moncho Iglesias e Samar Sabat (Barbantesa)
Gretchen, miña nena, de Christine Nöstlinger, en tradución Isabel Soto (Oxford University Press)
O home unidimensional, de H. Marcuse, en tradución de Jesús Saavedra (Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago)
O sentido dun final, de Julian Barnes, en tradución de Xesús Fraga (Rinoceronte)

Gañadores dos premios da AELG no 2012 © AELG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.