A máquina do tempo: O libro reinvéntase

A maquina do tempo Dominio Público Praza Pública

En agosto Juan Carballo e Ramón Núñez lanzaron este disco-libro formado por 11 poemas musicados e cancións. Contaron coa colaboración de Nuria Díaz, que achegou as súas ilustracións e deseño, conformando unha obra dentro dunha mesma obra. Tamén participaron Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha, Sito Suárez... que completaron coas súas voces e instrumentos a parte musical do libro.

Juan Carballo afirma que escribe poesia "para a xente que normalmente non está en contacto directo con ela e a través dunha linguaxe urbana e realista que vén da experiencia". Os textos falan da memoria e da súa importancia tanto no terreo social coma no eido persoal. O formato do disco-libro permite que cada presentación sexa distinta e engada valor ao publicado, cunha posta en escena na qur se escoitan as cancións que o compoñen pero tamén outros temas compostos para a ocasión. O venres 28 de setembro terá lugar a presentación do disco-libro A Máquina do tempo na Librería Aenea en Santiago de Compostela.

 

Homenaxe a Henrique Harguindey

Un dia despois Juan Carballo e Ramón Núñez participarán con este repertorio na Homenaxe a Henrique Harguindey que terá lugar na Libraría Café Rinoceronte (Avenida de Bueu, 15) de Cangas. O acto está organizado pola Asociación de Tradutores Galegos co gallo do Día Internacional da Tradución. Ademais do homenaxeado, participarán Francisco Pillado e Salvador Otero.

A maquina do tempo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.