A portuguesa 'Um caroço de Abacate', premio Marieta á mellor curtametraxe no Norte Cinema Diverso

Gala de entrega de premios do Norte Cinema Diverso CC-BY-SA Concello da Coruña

A segunda edición do festival de cine LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso botou o pano na noite deste sábado na Coruña coa entrega do premio Marieta á mellor das 14 curtametraxes presentadas ao certame. 

O xurado, formado por membros do colectivo LGTBIQ+, xornalistas, representantes da Academia Galega do Audiovisual e do sector cultural da cidade, decidiu outorgar o zoco da diversidade realizado por Elena Ferro á curtametraxe portuguesa Um caroço de Abacate ”por presentar unha historia que engancha desde o principio, cunha calidade técnica e actoral inmellorable”.

Gala de entrega de premios do Norte Cinema Diverso CC-BY-SA Concello da Coruña

O xurado destaca 'Um caroço de Abacate' por "presentar unha historia que engancha desde o principio, cunha calidade técnica e actoral inmellorable"

Um caroço de Abacate é unha película portuguesa que narra o encontro, unha noite en Lisboa, entre unha muller trans e un home cis. O seu director é Ary Zara e está protagonizado pola actriz trans Gaya de Medeiros e o actor Ivo Canelas. Figurou na lista de 15 precandidatas ao Oscar 2024 á mellor curtametraxe.

Ademáis, o xurado do premio Marieta, patrocinado polas adegas Martín Códax, concedeu dúas mencións especiais a Antes de la Erupción, do director canario Roberto Pérez Toledo, “por presentar unha curtametraxe bonita e moi ben tratada, cunha sensibilidade especial que traspasa da pantalla ao espectador” e a O coidado, do coruñés Miguel Canalejo, recoñecida “pola sua orixinalidade, con moi boas actuacións e técnicamente impecable.”

O II Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o Concello da Coruña, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Academia Galega do Audiovisual, despediu tres días de proxeccións no Teatro Colón nos que se pudieron ver 4 longametraxes e 14 curtametraxes.

Ademais, o festival Norte Cinema Diverso entrou tamén nas aulas de centos educativos coruñeses coa iniciativa NCD Educa coa que a organización do certame levou ás clases o cine LGTBI+ para "xerar debate coa comunidade escolar".

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.