A Psicotroita prepara a súa vinganza

Cartaz da Psicotroita © Psicotroita

"A Psicotroita é un monstro fluvial que só aparece nas noites máis curtas do ano nos arredores de Sigüeiro para atacar a poboación mediante as súas armas: ritmo, vatios e moita festa! Logo do seu primeiro asalto no 2012 e tras refuxiarse para hibernar durante un ano nas augas do río Tambre, a criatura volvecon máis ganas de troula ca nunca. A vinganza será terrible". Non teman, que a ameaza é apenas musical. A segunda edición do Festival Psicotroita celebrarase en Sigüeiro o 21 e 22 de xuño, con entrada e zona de acampada de balde.

No cartaz destaca a presenza de O Caimán do Río Tea, Yakuzas, Tony Lomba, Familia Caamagno, Samesugas, The Fuzzbombs ou Camarada Nimoy, ademais das pinchadas de Bigote Mix ou Dj de Lata.

Os organizadores destacan que "sen saír do centro de Sigüeiro, o recinto do festival trasládase a unha zona verde" para gozar do espectáculo "nun ambiente natural agradabilísimo". Haberá tamé unha carpa "para que dea sombriña, caso de que vaia sol, ou para que nos protexa da choiva". Outra das novidades do festival é a sesión vermú do sábado, que estará protagonizada por Tony Lomba. E tamén cambia a zona de acampada, desta volta situada na Alameda de Gois.

Cartaz da Psicotroita © Psicotroita

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.