A semana máis 'freak' da Coruña

Cartaz de Freakemacine © Praza Pública

Freakemacine, festival de cinema de fantástico e de ciencia ficción da Coruña, celebra entre o 24 e o 30 de setembro a súa cuarta edición e rende homenaxe a directores e actores españois do cinema de terror dos anos 70 como Jess Franco, Lina Romay, Víctor Israel, Paul Naschy, Jorge Grau e Jose Ramón Larraz. A Fundación Luis Seoane acollerá charlas, proxeccións, obradoiros de maquillaxe e efectos especiais e unha Feira do Terror. O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) ofrecerá unha mostra de curtametraxes e proxeccións temáticas de películas e documentais.

Destaca a homenaxe ao director Jess Franco e a súa dona e musa, a recentemente finada Lina Romay

Destaca a homenaxe ao director Jess Franco e a súa dona e musa, a recentemente finada Lina Romay. O CGAI proxectará dúas das películas máis emblemáticas de Franco: Necronomicon La comtesse noire

Outros títulos que se poderán ver en Freakemacine 2012 son os documentais Los perversos rostros ou El hombre que vió llorar a Frankestein. Tamén películas de culto como Pánico en el Transiberiano e No profanar el sueño de los muertos e obras más recentes, como Cop Models, de Adrián Cardona ou Maldito Bastardo, do santiagués Javi Camino, que dará unha charla tras a proxección. Ademais, o Festival de Curtametraxes Freakemacine 2012 terá lugar o venres 28 na sede do CGAI.

 

Zombies, desfile Star Wars e Feira do Terror

Unha das novidades desta edición será a Feira do Terror, que se celebrará o venres 28 e sábado 29 na Fundación Luis Seoane

Unha das novidades desta edición será a Feira do Terror, que se celebrará o venres 28 e sábado 29 na Fundación Luis Seoane. A Feira contará coa presenza do xornalista e editor experto en cine fantástico Luís Vigil, que será entrevistado polo blogueiro Ifrit, responsable de Cinema Friki. Demo Editorial presentará o novo selo Häinös, dedicado a comic sci-fi e fantástico.

Ademais, Freakemacine conta coa colaboración de Tropa Korriban (colectivo de fans galegos de Star Wars), que enviará a A Coruña unha delegación de troopers o sábado 29. Tamén da Asociación de Usuarios da Informática Clásica (AUIC), que organiza a Retro Zona dedicada a videoxogos de horror, gore e fantásticos de 8,16 e 32 bits. Ademáis, tamén dentro da Feira do terror, a Asociación Freak organizará xogos de rol e cartas coma os míticos BlackStories, Arkham Horror e Munchink Zombies.

Freakemacine conta coa colaboración de Tropa Korriban (colectivo de fans galegos de Star Wars), que enviará a A Coruña unha delegación de troopers o sábado 29

Finalmente, o sábado 29 celebrarase a segunda edición da Freakemacine Zombie Walk, que arrancará no Obelisco e será conducida por Os irmáns siameses zombies (Nelson Quintero e Alberto da Sinda) cara á Fundación Luis Seoane. A xornada culminará cunha gran esta-concerto na praza de Azcárraga coa actuación do grupo barcelonés de psychobilly Motorzombis.

Cartaz de Freakemacine © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.