A 'Ultranoite' chega á Coruña e presenta o alcalde de 'Marinaleda City'

Chévere barallou varios cartaces para o espectáculo e finalmente escolleu este e outro cos Pussy Riot © Chévere

A Ultranoite chega á Coruña. Hai uns meses asistimos á primeira Ultranoite fóra de Compostela, na súa nova casa de Teo. E desta vez a caravana naseira viaxará algo máis, disposta a conquistar a cidade herculina. Serán tres sesións, de xoves a sábado: os días 11, 12 e 13 no Fórum Metropolitano a partir das once da noite. As entradas anticipadas xa se ponde mercar en www.servinova.es ou na taquilla da Praza de Ourense.

Esta Ultranoite estará protagonizada polo alcalde de Marinaleda City. Pero o espectáculo de teatro, música, cabaré, humor e improvisación tamén permitirá ver outros personaxes, coma Mariano e os seus ánxeles (Espe, Ana e Soraya), o electricista da catedral de Santiago, o seu partenaire o Deán ou Chavela Farjas...

Na función participará unha longa lista de artistas: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Carlos Santiago, Pablo Trasno, Marcos Ptt Carballido, Iria Pinheiro, Carlos Sante, Pablo Sánchez, Xaquín Dominguez, Marcial Blanco, Paco Alvarellos, Carmen Cotelo ou Vanessa Maceiras. E contará coa música ao vivo de Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián.

Chévere barallou varios cartaces para o espectáculo e finalmente escolleu este e outro cos Pussy Riot © Chévere

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.