'Arraianos' competirá no BAFICI de Bos Aires

Un fotograma de Arraianos, de Eloy Enciso Dominio Público Praza Pública

Arraianos, o filme de Eloy Enciso, foi seleccionado para a a sección competitiva Vanguardia y género do Festival Internacional de Cine de Buenos Aires, o BAFICI. Arraianos tivo a súa premiere no Festival de Locarno en agosto do ano pasado, dando inicio a un destacado percorrido por festivais con citas tan importantes coma Vancouver, DocLisboa, Sevilla -onde gañou o premio “Nuevas Olas”- , Viennale ou FICUNAM -mención especial no concurso de longametraxes-. O festival comezará o 10 de abril e pechararse o 21 de abril.

A presenza galega no prestixioso festival arxentino complétase coa estrea mundial da longametraxe de Ramiro Ledo VidaExtra, dentro da sección Panorama, e cun foco dedicado a Lois Patiño, de quen se verán as súas últimas curtas e un adianto da longa que está actualmente rematando.

 

Un fotograma de Arraianos, de Eloy Enciso Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.