Arranca o Festival de Cans co 'Día dos Veciños'

Xurado dos veciños 2013 © Festival de Cans

Os veciños e veciñas de Cans volverán ser os protagonista da primeira xornada do festival, este mércores 22. O punto de arranque de catro días de cinema, música e festa será a rotonda da Adroza, onde As Pandereteiras de Cans renderanlle homenaxe á estatua do Can de pedra. Será un acto simbólico que marcará o arranque dunha edición moi especial na que o festival celebra o seu décimo aniversario con catro días de proxeccións e boa música rodeados de grandes amigos que marcaron a súa historia.

Presentarase ademais a publicación oficial do festival, o CanZine, coa presenza dos seus directores Diego Giráldez e Amparo Rodríguez, e proxectarase o avance 10 anos do festival de Cans

A continuación, no Baixo de Moncho dará comezo o Serán dos Veciños, onde pandereteiros e cantareiras interpretarán as pezas que levan a ensaiar varios meses. Presentarase ademais a publicación oficial do festival, o CanZine, coa presenza dos seus directores Diego Giráldez e Amparo Rodríguez, e proxectarase o avance 10 anos do festival de Cans, dirixido por Álvaro Liste e no que se repasa os momentos máis destacados da historia do festival, así como o avance do making of de Cans 2012, dirixido por Gaspar Broullón.

Un dos momentos máis destacados da noite será a presentación do cuarto xurado da historia do festival composto integramente por veciños e veciñas da parroquia de Cans. Nesta edición intégrano Carme Fernández (Carme de Adela), do barrio do Buraco, que traballou case 30 anos en Suíza e agora, con 67 anos, está xubilada; Aurora García (Aurora de Lago), ama de casa de 67 que vive nos Eidos; Feliciano Vila Felix, practicante e madeireiro de 79 que vive na Adroza; Maximina Giráldez, popularmente Mina de Pedreiro, das Sequeiras, de 74 anos e propietaria que cede ao festival cada ano a Sala Multiusos e o Jaliñeiro Unplugged; e Rosa Bernárdez, de 44 anos, monitora de autoescola do barrio do Painzal.

Un dos momentos máis destacados da noite será a presentación do cuarto xurado da historia do festival composto integramente por veciños e veciñas da parroquia de Cans

Con anterioridade ao Serán dos Veciños, terá lugar unha proxección moi especial por tratarse da película rematada dun Fillo de Cans, Manuel Fernández-Valdés, que na pasada edición adiantou fragmentos deste documental na presentación do proxecto. Trátase de Fraga e Fidel, sen embargo, que se proxectará no Baixo de Moncho ás 16:30 horas. A continuación haberá un coloquio co director. Fraga e Fidel, sen embargo narra a viaxe que Fidel Castro realizou a Galicia en 1992 para visitar a casa de Láncara na que nacera o seu pai.

Outro dos momentos destacados da xornada será a proxección de Ciudadano Cans, un documental dirixido por Anxo Cendal e Iván González sobre o nacemento do festival, no que se narran pormenores e anécdotas dos inicios. Entre elas está a coincidencia do nacemento do festival coa voda entre o Príncipe Felipe e Princesa Leticia. Ese día en Cans lucía o sol mentres que en Madrid chovía con intensidade. Ao remate haberá un coloquio co director do festival, Alfonso Pato, e outras persoas que participaron no nacemento do mesmo.

 

Programación do xoves

Outro dos momentos destacados da xornada será a proxección de Ciudadano Cans, un documental dirixido por Anxo Cendal e Iván González sobre o nacemento do festival, no que se narran pormenores e anécdotas dos inicios

O xoves terá lugar a primeira actividade matutina do festival na sección Cans de Futuro, visitas guiadas para os colexios dos arredores, con proxeccións e coloquios deseñados especificamente para eles. Máis de 500 escolares dos arredores pasarán por Cans dentro desta sección que arranca o mércores e na que participarán directores e actores. Xa pola tarde a actividade trasládase, como é habitual, ao Círculo Recreativo e Cultural do Porriño coa proxección do filme de animación O Apóstolo.

O xoves terá lugar unha estrea moi especial para o festival, tanto polo elenco que a interpreta como porque é a primeira longametraxe dun director premiado en Cans polas súas curtas. Trátase de Somos gente honrada, de Alejandro Marzoa

A continuación terá lugar unha estrea moi especial para o festival, tanto polo elenco que a interpreta como porque é a primeira longametraxe dun director premiado en Cans polas súas curtas. Trátase de Somos gente honrada, de Alejandro Marzoa, que se verá por primeira vez en Galicia despois do seu paso pola sección oficial de Málaga e dúas semanas antes da súa chegada ás salas de cine. Somos gente honrada narra a historia de dous país de familia e amigos de toda a vida que non pasan polo seu mellor momento. Tras chegar a cincuentena vense sen traballo nin cartos. Pero cando a situación é insostible topan pescando un paquete con dez quilos de cocaína. Deciden comezar a vender a droga para saír da miseria que están vivindo.

Somos gente honrada © Festival de Cans

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.