As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense resisten

As Xornadas de Banda Deseñada son unha das moitas actividades que destacan na traxectoria da Casa da Xuventude © Praza Pública

Un ano máis celébranse as Xornadas a pesar da crise e do falecemento o pasado ano de Benito Losada, un dos principais impulsores do evento. Terán lugar entre o 2 e o 21 de outubro no Museo Municipal e na libraria El sindicato del Cómic e chegan á súa edición número 24. Na programación destaca unha exposición de orixinais de obras de novela gráfica galega editadas en 2011, por exemplo de David Rubín, José Domingo, Lola Lorente, Jacobo Fernández, Martín Romero, Miguel Cuba e Brais Rodríguez. 

Tamén se entregará o 17 de outubro o Premio Ourense á mellor iniciativa do ano de banda deseñada, e créase o Premio Benito Losada de Banda Deseñada, para autores de menos de trinta anos. E teremos igualmente un novo número do fanzine da xornadas. De igual xeito poderanse ver as obras premiadas no certame Injuve 2011, con traballos de Pablo Roa, Pau Valls, Diego Blanco, Néstor Fernández, Ana Santiso, Jose Domingo, Irati Fernández e Wahab Zeghlache

As Xornadas de Banda Deseñada son unha das moitas actividades que destacan na traxectoria da Casa da Xuventude © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.