Brais Morán inicia a xira de presentación de 'No mato do desespero', o seu segundo disco en solitario

Xira de presentación de 'No mato do desespero' Dominio Público Praza Pública

No mato do desespero é o segundo disco que vén de sacar á rúa en solitario Brais Morán e cuxa xira de presentación xa está en marcha. Tras iniciarse este venres en Lugo, chega este domingo día 29 á sala Capitol de Santiago e xa ten datas confirmadas en Ferrol, Boiro, A Coruña, Melide, Vilar de Santos, Ourense, Vigo, Laxe e Ortigueira.

O ex de Loretta Martin reflicte no seu novo traballo as súas orixes na Costa da Morte

Brais Morán comezou a súa carreira musical en 1997 e foi un dos integrantes da banda Loretta Martin, coa que editou tres discos. En 2015 iniciou a súa carreira en solitario co disco Cruzando o Eclipse, no que contou con colaboracións de Fran Pérez Narf e Belém Tajes (Luar na Lubre). Con No mato do desespero Morán “cristaliza de xeito natural todo o vivenciado ao longo da súa heteroxénea traxectoria, confluíndo o rock, o funk, a música brasileira, os ecos de África, a tradición galega e as súas orixes na Costa da Morte, nunha mestura de identidade única e honesta que se reflicte nunhas cancións que saen da pel e a terra”.

Portada do disco de Brais de Morán Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.