Cada galego gastou 22 euros menos en cultura o pasado ano

Evolución do gasto de galegos e galegas en cultura © CCG

Os galegos e galegas gastaron en 2011 sesenta millóns de euros menos ca en 2010 en bens e servizos culturais. Representa un descenso do oito por cento que se acumula a que xa se rexistrara de 2009 a 2010, outros vinte millóns. Así o indica o informe elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, do Consello da Cultura Galega, sobre a estatística de Gasto de consumo cultural dos fogares do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Cada fogar gastou en 2011 ao redor de 62 euros menos en cultura, uns 22 euros menos por persoa.

Segundo os datos do INE isto contrasta cun lixeiro repunte do gasto total dos fogares en Galicia (0,8% en 2011) e o estancamento do consumo no conxunto de España en termos correntes (en termos constantes o crecemento é negativo). No conxunto de España o consumo cultural descendeu algo máis ca en Galicia en 2011, un 8,1%. Caeu en maior medida en Baleares, Asturias, Aragón, Cantabria, a Comunidade Valenciana, Andalucía, Canarias e País Vasco, por esta orde.

Cae con forza tamén o gasto en libros e nos espectáculos: cine, o teatro e a música en vivo, nun ano no que aínda non se aplicara a forte suba do IVE até o 21%.

O único que aumenta é o denominado Tratamento da información e Internet e os que máis baixan son os soportes para o rexistro de imaxe, son e datos (por exemplo as cámaras de fotos) e as publicacións periódicas, que descenden case un 20%. Cae con forza tamén o gasto en libros e nos espectáculos: cine, o teatro e a música en vivo, nun ano no que aínda non se aplicara a forte suba do IVE até o 21%.

Evolución do gasto de galegos e galegas en cultura © CCG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.