Carlos Callón gaña o 'Premio a artigos xornalísticos normalizadores'

Carlos Callón, presidente d'A Mesa CC-BY-SA Certo

Carlos Callón gaña a oitava edición do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo. O concurso, ao que se presentaron 37 traballos, está dotado cun premio de 1.000 euros, así como a publicación do texto en Praza Pública, A Nosa Costa, De Luns a Venres, Diario de Bergantiños, El Periódico de Carballo, Galicia Confidencial, La Opinión Coruña, La Voz de Galicia, Que pasa na Costa, Sermos Galiza e Tempos Novos.

O xurado do VIII Premio a artigos xornalísticos decidiu que o artigo titulado Fai o teu galego, de Carlos Callón, fose o premiado "pola súa capacidade para chegar a públicos amplos e incidir neles cunha linguaxe clara e sinxela, convidando aos lectores a lectoras a utilizar a lingua galega e facéndolles ver que é sinxelo e só é necesario". 

Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de lingua e literatura galegas, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da plataforma Queremos Galego. Publicou ensaios sobre lingua e política lingüística como En castellano no hay problema (Xerais 2010) ou Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais 2011).

Carlos Callón, presidente d'A Mesa CC-BY-SA Certo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.