Catro galegos, nominados aos premios Hollywood Music in Media

Os catro compositores nominados Dominio Público Praza Pública

Os premios Hollywood Music in Media recoñecen o labor de compositores e intérpretes en moitos ámbitos relacionados coa música, concedendo premios por cada unha das categorías, dende música para longametraxes, series de televisión, publicidade, videoxogos, e outros xéneros musicais non relacionados directamente coa imaxe. Nesta ocasión catro galegos son protagonistas, sendo candidatos en varias categorías: Antón Alcalde (dobre nominación: Contemporánea orquestal / Instrumental e Clásica), Karolis Biveinis (Clásica), Daniel Minimalia (dobre nominación: Clásica e New Age / Ambient) e Rubén Vizcaíno (Clásica).

Os compositores galegos comparten nominación este año con coñecidos músicos como Michael Giaccino (gañador do Oscar pola banda sonora de Up, e tamén compositor da música da serie Perdidos, nominado este ano por Star Trek Into Darkness), Bear McCreary (nominado pola música para The Walking Dead), Dave Porter (pola súa música para Breaking Bad) ou Steven Price (por Gravity). En edicións anteriores foron nominados compositores como John Williams (Star Wars, Superman, Indiana Jones, E.T., etc.), Hans Zimmer (Gladiator, Piratas do Caribe, etc.), Howard Shore (O Señor dos Aneis), Alexandre Desplat, Thomas Newman, etc.

A cerimonia de entrega de premios terá lugar o vindeiro 21 de novembro no Fonda Theatre, situado no Paseo de la Fama de Hollywood.

Os catro compositores nominados Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.