El Puto Coke, Ataque Escampe, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide, a Coral de Bea ou Luís Emilio Batallán musicarán os textos do poeta nun concerto que terá lugar o vindeiro martes no Centro Cultural Novacaixagalicia e no que tamén intervirán Xesús Alonso Montero, Rexina Vega, Fernando Franco ou os alumnos e alumnas da ESAD. A entrada ao concerto, que será presentado e conducido por Yolanda Castaño, será de balde.
Este concerto dálle continuidade aos actos que ao longo deste 2012 se están a desenvolver para conmemorar o centenario no nacemento do escritor. Segundo os organizadores, procurouse unir no mesmo acto as achegas á obra e á figura do poeta dende distintos campos artísticos, dende a música á palabra ou á danza, para da conta da multidiciplinariedade e da visión universal do de Celanova. Ademais, esxplicaron, escolleuse Vigo por esta cidade o lugar no que, alén da súa vila nata, Celso Emilio Ferreiro desenvolveu boa parte da súa vida e actividade creadora e profesional.