Trátase dun recital teatralizado que ten como protagonistas a tres cantareiras que viven en Momán, "unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible"
As Fillas Bravas de Momán é un espectáculo de Chévere que a compañía vén representando dende o ano 2014. Co gallo da escolla das cantareiras como protagonistas do Día das Letras Galegas, a obra foi ampliada e actualizada e vaise representar en Betanzos, Carballo e Bergondo nos vindeiros días, aproveitando a coincidencia co 17 de maio. Nos vindeiros meses o espectáculo seguirá xirando, con datas xa confirmadas en Cangas, As Pontes, Santiago, Outes ou Rianxo.
Trátase dun recital teatralizado que ten como protagonistas a tres cantareiras que viven en Momán, "unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible".
A obra actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un tremendo repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e o canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral
A obra é tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego
Estas tres mulleres "tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai", destaca Chévere, reafirmando "modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados".
Con este espectáculo Chévere quíxose achegar "a algunhas zonas nas que intuímos que a muller gozou
de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación". Ademais, bucou cuestionar "esoutro estereotipo que caracteriza a sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, sumisa, que reduce ás mulleres ao ámbito privado da familia". "Porque no rural galego as mulleres non se limitaban a desempeñar un rol reprodutivo, senón que participaban de todas as tarefas do traballo comunitario. De aí que a súa presenza na esfera pública da aldea fose un feito asumido e normal", destaca a compañía.
Chévere actualizou agora o espectáculo engadindo unha escena sobre as danzas e as foliadas e fixo a tradución e adaptación a lingua de signos para facelo accesible ás persoas xordas signantes, incorporando en escena a presencia de dúas intérpretes de lingua de signos a carón das actrices.
Chévere actualizou agora o espectáculo engadindo unha escena sobre as danzas e as foliadas e fixo a tradución e adaptación a lingua de signos. Ademais, Kalandraka vén de publicar un libro co texto completo e un apéndice con numerosas fotografías, que será presentado este domingo en Compostela
Chévere actualizou agora o espectáculo engadindo unha escena sobre as danzas e as foliadas e fixo a tradución e adaptación a lingua de signos para facelo accesible ás persoas xordas signantes, incorporando en escena a presencia de dúas intérpretes de lingua de signos a carón das actrices.
Ademais, a editorial Kalandraka vén de publicar dentro da súa colección Biblioteca de Teatro un libro co texto completo da obra e un apéndice con numerosas fotografías, que se suma a outros títulos de Chévere xa publicados como Eroski Paraíso, Citizen, Río Bravo, Annus Horribilis e outros musicais e a autobiografía Chévere 1987-2022 trinta e cinco anos de axitación cultural.
A obra vaise representar en Betanzos, Carballo e Bergondo nos vindeiros días, aproveitando a coincidencia co 17 de maio. Nos vindeiros meses o espectáculo seguirá xirando, con datas xa confirmadas en Cangas, As Pontes, Santiago, Outes ou Rianxo
O libro As Fillas Bravas de Momán presentarase na Feira do Libro de Santiago este domingo 11 de maio ás 19:30 horas, oficiando como condutoras as propias personaxes da obra: Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e Benedita de Cachán, que ademais de cantar algunha copla creada para a ocasión asinarán os exemplares do libro ás persoas que se acheguen ata o Paseo central da Alameda.
Próximas actuacións
- Sábado 10 maio, 20h. Betanzos, Aula Municipal de Cultura
- Xoves 15 maio, 21h. Carballo, Pazo da Cultura
- Sábado 17 maio, 12h. Bergondo, Edificio Socicultural A Senra
- Venres 4 de xullo, 22h. Cangas. Auditorio Xosé Manuel Pazos
- Venres 10 de outubro, 20.30h. As Pontes. Teatro Alovi
- Sábado 11 de outubro, 19h. Santiago. Sala Agustín Magán - CSC Santa Marta