Comeza o I Festival Internacional de Poesia do Porto con Galicia como "região parceira"

Cartel do I Festival Internacional de Poesia do Porto © FIPP

Chus Pato, Ismael Ramos, Marta Tojo, Esther F. Carrodeguas, Olga Novo, Rosalia Fernandes Real, Samuel L. Paris ou Xosé María Álvarez Cáccamo participan no festival

O pasado 26 de xullo comezou o I Festival Internacional de Poesia do Porto (FIPP), un evento que continuará ata o mes de outubro e que nesta primeira edición escolleu Galicia como "região parceira". Un gran número de autoras e autores galegos participan no FIPP que, de feito, comezou con coloquio entre Chus Pato e Inês Lourenço.

Nestas primeiras xornadas do festival participou tamén Ismael Ramos (nun recital cos portugueses Marta Bernardes e Tiago Alves Costa) e o 3 de agosto será a quenda de Marta Tojo, compartindo espazo con Ana Rocha, Fernando António Machado e Miguel Royo. Outros nomes galegos forman tamén parte do programa, como Esther F. Carrodeguas, Olga Novo, Rosalia Fernandes Real, Samuel L. Paris ou Xosé María Álvarez Cáccamo.

Galicia é a "região parceira" da primeira edición do FIPP © FIPP

O evento, que comezou o pasado 26 de xullo, desenvolverase ata o mes de outubro

Francisco Macías, de Edicións Positivas, foi o responsable da coordinación da parte galega do festival, que inclúe Poetry Talks (coloquios), Poetry Sounds (sesións nas que entra en xogo a música ou as performances), Poetry Walks (percorridos poéticos pola cidade) e Poetry Labs (definidos como "espaços dinâmicos e inspiradores, que permitem explorar e desenvolver as nossas capacidades criativas")

Dende a súa organización destácase que o FIPP "xorde da consciencia do papel fundamental da poesía na construción dun mundo máis humano e plural". "En tempos de homogeneização e velocidade, a poesía ergue-se como un acto de resistencia, un espazo de encantamento e reflexión crítica", enganden

"Este encontro entre a Galiza e Portugal, no palco do FIPP, é uma oportunidade única para celebrar a nossa herança comum e construir pontes para o futuro. Que a poesia seja o fio condutor que nos une, num abraço fraterno que transcende fronteiras e nos lembra que somos, afinal, um só povo"

Á hora de escoller Galicia como "região parceira", a FIPP subliña que comparte con Norte de Portugal "uma fronteira que é mais um ponto de encontro do que uma linha divisória". "As paisagens, os costumes e as tradições entrelaçam-se, criando um espaço de pertença comum que transcende as delimitações políticas", engaden. Galicia "é um espelho que reflete a nossa história, cultura e língua, num diálogo que ecoa há séculos e se renova a cada encontro", din dende o FIPP.

"Este encontro entre a Galiza e Portugal, no palco do FIPP, é uma oportunidade única para celebrar a nossa herança comum e construir pontes para o futuro. Que a poesia seja o fio condutor que nos une, num abraço fraterno que transcende fronteiras e nos lembra que somos, afinal, um só povo", conclúen.

Cartel do I Festival Internacional de Poesia do Porto © FIPP

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.