Da Guarda a Barcelona hai moito que andar

Percorrido que realizarán © http://hayqueandar.com

Uns mozos en paro comezan un proxecto de camiñar 2833 quilómetros, da Guarda a Barcelona pasando por Ourense, Oviedo, Bilbao, Sevilla, Murcia e Barcelona, sen cartos e gravando un docu-reality web. Na viaxe participarán tres persoas: David Correa e Txetxu González, que serán os protagonistas, e Alejo Rodríguez, que se encargará de gravar.

O obxectivo de Hay que Andar é interactuar coas persoas que vaian atopando no camiño, participar nas actividades propias de cada lugar e sobrevivir e desprazarse sen cartos, "buscando alternativas á moeda". 

Todos eles veñen de licenciarse en Comunicación Audiovisual e para poñer en marcha este proxecto, que produce Caxato Films, buscan financiamento a través do crowdfunding. Contan ademais co apoio do Concello da Guarda e da empresa de roupa deportiva Zico. Queren conseguir mil euros en 24 días e aceptan achegas a partir de 1 euro, o que dá dereito a aparecer nos títulos de crédito. Por 5 euros pódese ter un DVD co programa completo e partir de 10 euros calquera persoa poderá aparecer no docu-reality "cando pasemos pola túa cidade".

David Correa e Txetxu González na Guarda © http://hayqueandar.com
Percorrido que realizarán © http://hayqueandar.com

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.