Vén de de ser identificado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense un valioso manuscrito do século XII da obra haxiográfica de Bernardo de Brihuega, estreito colaborador do rei Afonso X (1252-84). Trátase de dous fragmentos –un bifolio e unha folla solta– en castelán das Vidas y pasiones de los Apóstoles, datables a finais do século XIII ou comezos do XIV, que constitúen o testemuño máis antigo conservado desta obra, da que até agora só se coñecían algunhas copias tardías (desde segunda metade do XIV até comezos do XVI) en latín, castelán e portugués.
O bifolio fora reutilizado como capa dun libro de apeo dos bens do convento feminino de Santa Clara de Allariz
O bifolio fora reutilizado como capa dun libro de apeo dos bens do convento feminino de Santa Clara de Allariz, único mosteiro galego de fundación real. Isto permite, segundo os expertos que o están a analizar, reconstruír o itinerario cultural do códice desde a corte castelá até o territorio galego e a súa eventual difusión ao reino portugués nas primeiras décadas do século XIV.
Os fragmentos en cuestión teñen o valor engadido de pertenceren a un códice haxiográfico moi coidado, seguramente de procedencia rexia, en que se copiaría a tradución castelá íntegra do libro II de Bernardo de Brihuega sobre a vida e as paixóns dos apóstolos. A colección haxiográfica de Bernardo de Brihuega, compilada baixo o mecenado do rei Sabio, estaba composta por cinco libros.
Son o testemuño máis antigo conservado desta obra, da que ata agora só se coñecían copias tardías
A tradución desta obra ao castelán, realizada polo propio de Brihuega, ademais de circular como unha obra independente, tería sido empregada como fonte principal para a composición dalgunhas seccións da compilación universal de Afonso X, a General estoria.