'Dhogs', primeiro filme rodado en galego que competirá na Sección Oficial de Sitges

A película estrearase no festival catalán este luns 9 de outubro Dominio Público Praza Pública

Dhogs estrearase o 9 de outubro no Festival de Sitges. A ópera prima de Andrés Goteira terá a súa premiere española no marco do Festival Internacional de Cinema Fantástico de Cataluña, onde competirá na Sección Oficial, converténdose así no primeiro filme rodado en galego que se poderá ver nesta sección competitiva. A película foi realizada polas novas produtoras galegas Gaitafilmes e Pixel films e foi igualmente posible grazas ás achegas de máis de 300 persoas, que participaron hai tres anos nunha campaña de crowdfunding que sumou uns 13 mil euros.

"Todo director que ama o cinema fantástico sempre soña con estar en Sitges. Que ademais sexa a primeira película rodada en galego en formar parte da sección oficial, e tendo en conta a forma en que a rodamos, faime sentir moi orgulloso de todo o que rodea a Dhogs", salienta Andrés Goteira

Tralo seu paso polo Festival de Cinema de Buenos Aires (BAFICI), o FrightFest de Londres e despois de gañar o premio á mellor longametraxe no International Festival of New Filme de Split (Croacia), Dhogs presentarase o vindeiro 21 de outubro no Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF).

O filme está protagonizado por Antonio Durán 'Morris', Miguel de Lira, Carlos Branco, Melania Cruz, Iván Marcos ou María Costas. Trátase dunha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar, seis tramas conectadas que mesturan intriga, terror, erotismo e estética western.

Rodada en galego entre Almería e Galicia, foi subvencionada por Agadic e a Deputación Provincial de Lugo. Ademais conta cos patrocinios Galipizza, Cervexa Áncora e o Concello de Meira e coa colaboración dos Concellos de Viveiro, A Coruña, Oleiros e a Deputación de Almería, entre outros.

A película estrearase no festival catalán este luns 9 de outubro Dominio Público Praza Pública
A película foi financiada por ao redor de 300 persoas a través dunha campaña de crowdfunding Dominio Público Praza Pública
'Dhogs' presentarase o 21 de outubro no Festival de Cine de Ourense Dominio Público Praza Pública

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.