En galego, "leite gordo"

Captura do vídeo CC-BY-SA A Gentalha do Pichel

"Coa industria do leite popularizáronse entre nós as denominacións castellanas 'entera', 'semidesnatada' e 'desnatada' ou os decalques 'enteiro', 'semidesnatado' e 'desnatado'. Este feito impulsou á comisión de defensa da lingua da Gentalha do Pichel a levar as cámaras o pasado decembro ata a Praza de Abastos de Compostela. Alí, falando con quen leva moitos anos tratando co leite, amosan que "no galego aínda temos outros termos para dicir o mesmo", como 'gordo', 'magro' ou 'delgado'.

"Ás veces parécenos que moitos termos galegos deixaron de servir para nomear realidades vellas en novos contextos", sinalan dende este colectivo compostelán. Anteriormente a Gentalha editou outros vídeos coa mesma finalidade, centrados, por exemplo, no uso das "feiras" para nomear os días da semana ou no emprego tradicional no galego e no portugués das palabras 'greve' e 'folga'.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.