Hai dúas décadas botou a andar en Gondomar Espazo Lectura, unha asociación sen ánimo de lucro para o fomento e a animación á lectura que leva vinte anos desenvolvendo unha programación constante baseada en clubs de lectura, formación especializada, actividades de dinamización, contacontos
Hai xa dúas décadas botou a andar en Gondomar Espazo Lectura, unha asociación sen ánimo de lucro para o fomento e a animación á lectura que leva vinte anos desenvolvendo unha programación constante baseada en clubs de lectura, formación especializada, actividades de dinamización, contacontos e un amplo abano de iniciativas para todos os públicos. Entre elas destaca Contomar, actividada fundacional e auténtica semente da asociación.
Ao longo destas dúas décadas, a entidade foi recoñecida con importantes galardóns: Premio Liber 2024, Premio Follas Novas 2024, Premio da Gala do Libro Galego 2016, Premio Fernández del Riego 2010, Premio Irmandade do Libro 2009, entre outros. Agora un filme conta a súa historia e a fonda pegada que esta iniciativa vén deixando no Val Miñor e fóra da comarca que abrangue xa a varias xeracións de crianzas e tamén de maiores.
Agora un documental conta a súa historia e a fonda pegada que esta iniciativa vén deixando no Val Miñor e fóra da comarca que abrangue xa a varias xeracións de crianzas e tamén de maiores
O documental A rebelión da lectura, que conta co apoio do Concello de Gondomar e da Secretaría Xeral de Política Lingüística entre outras entidades, mergúllase no nacemento, traxectoria e espírito da que hoxe é unha das iniciativas cidadás máis singulares do panorama cultural galego. A película reconstrúe, a través de testemuños e imaxes inéditas, como un pequeno grupo de persoas voluntarias foi quen de crear un ecosistema lector capaz de transformar, desde o Val Miñor, a relación de milleiros de persoas cos libros.
O filme, estreado en Gondomar a pasada semana, púidose ver este xoves en Santiago nos Multicines Compostela.
O filme, estreado en Gondomar a pasada semana, púidose ver este xoves en Santiago nos Multicines Compostela
Co seu enfoque íntimo e profundamente humano, o documental dirixido por Alma Alonso e Asun G. Losada desvela o “milagre” que fixo posible que Espazo Lectura acadase este nivel de implicación social: a xenerosidade vehiculizada a través da forza do activismo da lectura, a dedicación do voluntariado, a concepción da lectura como unha rebelión persoal e social e a idea de que os libros poden ser espazos de encontro, amizade, reflexión, identidade e comunidade.
O filme desvela o “milagre” que fixo posible que Espazo Lectura acadase este nivel de implicación social: a xenerosidade vehiculizada a través da forza do activismo da lectura
Graduadas en Comunicación Audiovisual e Filoloxía Hispánica, respectivamente, Alma Alonso e Asun G. Losada asinan aquí a súa primeira longametraxe, aínda que xa deran pasos previos no mundo do audiovisual, coa curtametraxe moitos moito (2023). Ademais, Alma Alonso co-dirixiu para Prime Video Señora, por favor (2023), a primeira produción orixinal en galego da plataforma.
O proxecto, ademais de ser un documental, tamén se complementa con outras expresións artísticas que expanden esta rebelión por novas fronteiras. Trátase do álbum ilustrado A rebelión da lectura con textos de Fran Alonso e ilustracións de Chus Rojo e publicado por Cumio Editora. E tamén da canción O cora, de A banda da Loba