Esta semana en 'Palavra Comum'

Igor Lugrís Dominio Público Praza Pública

Entrevistas a Paco Souto, Igor Lugrís e Pere Tobaruela e a análise da obra Etimologias obscuras ou esconsas a cargo de Xavier Alcalá, entre os contidos destacados desta semana na publicación.

Etimologias escuras duma luminosa mente "A tese do professor, subjacente em toda a obra, é que a gente da Península Ibérica falava língua céltica ate ao século XI, de forma que uma imensa quantidade de vocábulos que admitimos como vindo do Latim corrupto para as falas romances realmente já foram recolhidos desde a fala do povo para a língua do Império"

Entrevista ao escritor Pere Tobaruela "Por moito que nos fagan crer na idea dunha “unidade” cultural española, a diversidade, a distancia cultural entre as partes desta España é enorme. Conexións entre Galicia e Cataluña? As pontes que deseñan as propias persoas, as redes íntimas, que cada vez son máis. O resto é postureo

Entrevista ao escritor, editor e percebeiro Paco Souto "Paréceme fundamental incidir na posta en valor, na visibilización das propostas artísticas, sexan as que for. Estou certo de que vivimos un bo momento criativo dentro dunha pésima posta en escena. A mal chamada CRISE axudou e moito a retraer propostas fundamentais para o bon funcionamento da cultura, en especial da galega. Editoras que non editan. Distribuidoras que mal cumpren o seu papel. Salas de concertos, Teatros e Concellos que non programan…"

Cinco poemas de Curso de Linguística Geral e entrevista ao seu autor, Igor Lugris "Acho que levamos 40 anos (por ponher um número redondo), a perder o tempo, por dizê-lo rápida e simplesmente. O processo de normalização linguística que temos vivido foi um grande sucesso, mas para os seus impulsores, não para a população galego-falante"

 

Igor Lugrís Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.